|
CAMPAMENTOS DE VERÁN 2008 Como cada ano, cando a primavera apunta xa o verán, os grupos cristiáns ANAMO de Galicia, somos convidados a encontrarnos, a compartir, a convivir, a disfrutar da irmá natureza, do tempo de lecer, a celebrar a ledicia de ser amigo@s de Xesús, que nos regala a vida para que sexamos felices, sen esquecer a cantos nen@ e xoves non poden disfrutar dos bens que o noso Deus nos regala para todo@s. Para iso serven os Campamentos. Grupos de distintas edades atopámonos no Pazo de Rianxiño: Tamén os maiores de 18 anos podemos vivir un verán diferente nun campo de traballo axudando a nenos enfermos nun fogar de acollida, en Madrid. Descubrimos que á vez que axudamos a outr@s somos nós os primeiros axudados.
|