PARLAMENTO DE GALICIA
FOTOS DA VISITA DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria, acompañados polas súas titoras Nieves Chan Muñoz e Carmen Conde Sampedro, viaxaron a Santiago para coñecer unha institución tan importante como é o Parlamento de Galicia; foron recibidos por unha monitora que nos presentou tódalas estancias que conforman o edificio, e tamén nos puxo en contacto coa vicepresidenta do Parlamento, Tereixa Paz, que tivo a ben compartir con nós unha parte do seu tempo e contestar a cantas preguntas lle formularon os nenos.
Para aproveitar o día, completámolo con dúas visitas que tamén resultaron interesantes para aumentar o potencial cultural de alumnos/as e mestres: exposición de Frida Khalo e taller o acibeche. O aproveitamento foi moi interesante.
















